
Tamén o fixen atraido por que dentro da carteira (descargar carteira Bytecoin) ven incluida unha utilidade para minar a traverso de unhas cantas piscinas.
O problema que atopei con esta carteira é que vota "a vida de un preso" para sincronizar os datos da cadea de blocos - que baixa íntegra-, pero non só para inicializala... ¡ A carteira de Bytecoin pode votar 10 días en sincronizar por primeira vez !! ... senon tamén logo o tempo que vota tras cada reinicio do PC, tragando recursos como unha bestia parda durante un bo rato.
O caso é que non atopando unha carteira en liña, optei por un exchange para depositar os poucos Bytecoins xenerados na mina do Minergate, xa que a intención con esta crypto, aparte de probala, testar o monedeiro e tal e cal é adicar os fondos ó proxecto de crear un nodo local de Transfercoin [TX] polo que non me queda outra que pasar por un exchange.
"Xa sei que non é unha gran idea ter os fondos metidos nunha conta de troco, pero peor é tolear porque o ordenador se aturulla cada vez que queres abrir o ditoso moedeiro... "
Conclusión: Traspaso de fondos a Poloniex e Backup das cojonesismas de bytecoin que quedan para cando me volva a dar a neura de reactivala, a ver se mellorou os tempos de carga.
Velaiquí a captura de un proceso de transferencia/pago
Rosmadas aparte, creo que compre destacar unhas cantas posibilidades positivas da carteira:
- O soporte para a tecnoloxía Cryptonote que impide dificulta/impide o rastrexo das transaccións (se queres).
- Posibiidade de minar directamente dende o monedeiro. Click e Mina.
- Cada enderezo de recepción é unha nova carteira da que se pode proporcionar unha chave de seguemento para mirar movementos entrantes (verificación de ingresos correctos p. ex)
Si che presta facer un test, envía algúns BCN ó enderezo...
27DyagCqmbwMxVoMWoQoq8eLpYfXQYPxKKHyXTzanqrxeSoPM9Pesso7V7k5yqVcKbbY9pWYLppjj3JmmUPcLrWcQspJgiv
- e importa esta chave de seguemento para observar os movementos entrantes da carteira.
9EC1EF9D6812EA7D4AF116C7D54EF7DF4066073D6AF1A86D5D5CE57E5DF849DFDE3357EF7E80B226C515E06CCD8D02CE7BDDFA0D37EFF20DCA04782BCFC541D30000000000000000000000000000000000000000000000000000000000000000A7E398B23575EC38169AC6B887E6F1192E364A35D2714C75AE2B458BD4DA980C
-
Nota: Os ingresos que poidera recibir esta carteira serán destiñados o Proxecto de creación de un Nodo local TransferCoin.
- En desenvolvemento: O sistema ByteCoin permitirá a creación das denominadas "moedas de cores" e bens dixitais.
- Opción de facer microdozóns anónimas procedentes dos beneficios de minado dende a carteira.
Compre adicar unha máquina ben sexa propia ou virtual sempre encendida para aloxar esta billeteira. O tempo de inicio é excesivo así como o consumo de recursos durante o arranque que impide o uso normal de un ordenador modesto.
Compría facer unha proba con un entorno test-empresarial pero non se me dan as condicións para dito test.
En definitiva, cando menos a min non me compensa esta billeteira instalada.
Se queres ter uns cantos Bytecoins [BCN] para tradear ou facer probas suxiroche que empregues Minergate. É moi doado de instalar, pero tamén podes utilizalo en modo web (co navegador aberto) se prefires non liarte.
Podes tamén facelo dende Eobot, unha plataforma amigable de minado con unha necesidade de inversión mínima.
Grifos ByteCoin: (Faucets Bytecoin)
FreeByteCoin .Estarei encantada de leer teus comentarios e que amoses dúbidas que poñan en evidencia miña ignorancia!!!
Apertas e nos leemos.
Grazas por informar de posibles links rotos ou caducados.
Evolución do interese polo Bytecoin nas percuras Google
Unha cuestión que me queda pendente é cómo xenerar un ID de pagamento... pero xa será para a vindeira. :-) Visita o patrocinador desta entrada:

Ningún comentario:
Publicar un comentario